Moure Trenor, Gonzalo

Palabras de caramelo / Moure, Gonzalo ; ilustracións de Fernando Martín Godoy - 1ª ed.,25ª imp. - Madrid :Anaya ,2012 - 76 p :il. n ;20cm + Non - Sopa de libros ;27 .

Kori é un neno sordomudo que vive nos campamentos de refuxiados saharauís. Non coñece as palabras, só sabe o significado de xestos e de movementos de beizos. Por exemplo, el chámase "Beizos redondos, Boca estirada", é dicir, Kori. Dese modo tan peculiar, vai entender as palabras dun pequeno camelo ao que quere moito, e ao que puxo o nome de Caramelo. Con tempo e esforzo, aprende a ler e a escribir e o día váiselle transcribindo o que, polo movemento da súa boca, intúe que lle di Caramelo. Pero o camelo faise maior e Kori decátase de que teñen que sacrificalo para poder comer. Unha noite, foxe con el sen saber moi ben cara a onde, nun intento van de salvalo.

Palabras de Caramelo é Gonzalo Moure en estado puro: Sahara, animais, beleza, terra, sensibilidade e dureza. É un libro magnífico que, en primeiro lugar, colócache, non fronte a un discapacitado, senón fronte a alguén capacitado para cousas ás que os "normais" non poden nin achegarse. E en segundo lugar, que non mira para outro lado. Mentres lía pensaba "quizá non pase iso", logo pensei "se ten que pasar iso, que sexa de forma suxerida, indirecta, sutil...". Pero non, ocorre diante dos ollos do protagonista (e dos nosos) e despois sabemos que tiña que ser así. É tan triste e tan belo que conmove.

O libro préstase a interpretacións, dobres lecturas..., algunhas moi atractivas, pero ao fin quédome coa historia monda e lironda. Algunhas ilustracións de Fernando Martín Godoy gústanme e outras non tanto. No seu descargo hai que recoñecer que alcanzar a potencia do texto non era fácil.

5º-6º Primaria

9788466715713


Pobo saharaui
Situación vida real

821.134.2 82-N

Coa tecnoloxía Koha